Increméntase a presión veciñal para devolver a Casa Cornide dos Franco ó patrimonio público

Unha asociación vén de convocar unha marcha "lúdica e reivindicativa" na que varias persoas interpretarán á familia Franco ante o histórico inmoble.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Do Pazo de Meirás á Casa Cornide. Esta mañá vén de ser convocada unha marcha veciñal para pedir á devolución ó erario público da coñecida Casa Cornide da Coruña, un inmoble en mans da familia do ditador Franco que os herdeiros decidiron poñer á venda no transcurso do xuízo sobre a titularidade do Pazo de Meirás.

Casa Cornide. SANDRA GARCÍA REI
Casa Cornide. SANDRA GARCÍA REI

A comitiva foi convocada trala reunión da asociación Defensa do Común logo dunha asemblea sostida con distintas entidades e organizacións da cidadade. O pasarrúas, que terá un carácter "lúdico e reivindicativo" pretende servir como continuación do celebrado en outubro de 2018, cando varias persoas percorreron as rúas da cidade herculina ataviados como as "principais personaxes implicadas no roubo da Casa Cornide": Carmen Polo, Pedro Barrié de la Maza, Alfonso Molina e, como non, o propio Caudillo.

A marcha, encabezada por un grupo de gaiteiros, queda fixada para o sábado 26 de setembro, saíndo da praza de María Pita da Coruña até o inmoble en cuestión, situado na Cidade Vella. Dende Defensa do Común adiantan que a comitiva portará unha pancarta coa lenda: "A Casa Cornide foi sempre patrimonio da Coruña. Franquismo nunca máis. Que devolvan o roubado".

ACCIÓNS DO CONCELLO

Ao parecer da asociación, a Casa Cornide, ao igual que o pazo de Meirás, "forma parte do espolio da familia Franco", polo cal o futuro de ambos inmobles, apuntan, debe pasar pola súa devolucións a mans públicas sen implicar "un novo custo para o pobo galego". Por iso, xa adiantan que apoiarán as iniciativas do Concello da Coruña para declarar BIC a Casa, así como todos os informes xurídicos e históricos que xustifiquen a súa devolución ó erario público. Por riba, instan a todos os grupos do consistorio a "considerar non grata a presenza da familia Franco na Coruña polo seu empeño en continuar co espolio da Casa Cornide".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta