As hipotecas galegas resisten o impacto da covid mentres as do estado se esborrallan

O descenso na comunidade é do 10% fronte ó 27,6% do conxunto de rexións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2020 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 997 hipotecas sobre vivendas en maio, o que supón unha caída do 10% respecto ao mesmo mes de 2019, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE). O descenso, se ben pronunciado, resulta moito menor que o rexistrado no conxunto do Estado, onde o esborrallamento chega ó 27'6%. Este mes só Canarias se atopa en cifras positivas (+0,1%).

Hipotecas en comunidades. EPDATA
Hipotecas en comunidades. EPDATA | Fonte: Europa Press

Ademais, no caso galego hai un repunte do 21,6% en maio respecto de abril. O capital prestado para estas operacións foi de 98,5 millóns de euros, unha 14,7% menos interanual, pero un 25,2% máis intermensual --ambos os datos son mellores que a media--.

TIPOS DE HIPOTECA

Pola súa banda, houbo 1.486 hipotecas constituídas sobre leiras, 1.443 urbanas e 43 rústicas. En ambos os casos, a maioría das hipotecas formalizáronse en bancos. Entre as urbanas, atópanse as 997 hipotecas sobre vivendas, seis solares e 440 doutro tipo. Ademais, canceláronse 680 hipotecas, 432 delas en vivendas. Tamén houbo 126 cambios rexistrais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta