Non, o PPdeG non é o PNV

Desde o día 12X, xornada electoral estival, corren ríos de tinta analizando a histórica vitoria electoral do PPdG e de Feijoo, 42 deputados/as, asisto perplexo a unha afirmación que empeza a ser case unha serenata: “o PP de Feijoo é como o PNV” e case que me da a risa, coñezo ben o PNV e non é o PPdG.

Por Juan Carlos Piñeiro | Compostela | 27/07/2020

Comparte esta noticia
É certo, teño que recoñecer, que as dúas formacións están fortemente intricadas nas sociedades correspondentes, pero esa é xa a primeira gran diferencia: nin Galicia é Euskadi nin Euskadi é Galicia nin as sociedades son iguais e nin os problemas estruturais os mesmos. Non cómpre sinalar, para aclarar,  a diferencia de nivel de vida, sabémolo ben.
 
Iñigo Urkullo non renega da súa pertenza ao PNV, é máis o propio PNV é un valor electoral como marca e Ortuzar é un puntal na contenda electoral, Feijoo xa sabemos o que fixo, agochar as siglas do PP e anular a Casado na contenda galega.
 
Pero o que máis diferencia ao PP galego e a o PNV é a efectividade na defensa do marco estatutario de cada nación, é máis, alguén cree que o PP defende unha Galicia Nación? A acción de goberno de Feijoo en relación ao Estatuto de Autonomía de Galicia é igual a cero. Repasemos, neste punto, e vexamos a cantidade de negociacións de Aitor Esteban nas que consigue transferencias e avances no autogoberno vasco. 
 
Non, o PP de Galicia non é nin  de lonxe o PNV na súa acción de goberno, si é certo que esteticamente e publicitariamente a Feijoo interésalle unha capa de pintura similar, pero só superficial, non leva a imprimación que ten o PNV unha imprimación de historia, sentimento e Nación que Feijoo nunca terá, pola súa tendencia a ser un home de estado e constitucional.
O PNV precisamente pide, urxe, unha reforma constitucional e traballa nunha relación bilateral con España, Feijoo conformase con ser a autoridade delegada do Estado, monárquico e servil.
As diferencias son moitas: a familia europea é distinta, a acción de goberno dista moito, o sentimento nacionalista, a seriedade de xestión... Non caiamos nesa tese, non beneficia a Galicia. A realidade é fría e os datos máis, o PPdG será como o PNV cando o RISGA en Galicia non sexa 300 euros menos que en Euskadi, pero para iso precisamos un Partido Nacionalista en Galicia, que xa existe do mesmo espectro que o EAJ-PNV, chegará en 2024? 

Andoni Ortuzar, presidente do PNV
Andoni Ortuzar, presidente do PNV
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA