Inés Rey desexa que o xogador ingresado do 'Fuenla' teña unha "pronta recuperación"

"Máis aló do proceso de investigación aberto, o máis importante para o Concello da Coruña é a saúde dos xogadores que deron positivo por Covid-19"

Por E.P. | A CORUÑA | 24/07/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, confirmou o ingreso dun xogador do Club de Fútbol Fuenlabrada no hospital Quirón da Coruña na mañá deste venres e defendeu que "o importante" é a saúde, á marxe das dilixencias emprendidas pola Fiscalía para aclarar o caso.

"Máis aló do proceso de investigación aberto, o máis importante para o Concello da Coruña é a saúde dos xogadores que deron positivo por Covid-19 e que se atopan confinados no hotel Finisterre", defendeu a través dun comunicado de prensa.

Rey manifestou a súa "preocupación" polo estado de saúde do futbolista e púxose a súa disposición e á do club "para todo o que necesiten". A rexedora desexa unha "pronta recuperación" do xogador e envíalle "un abrazo" a través do comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta