Detida unha muller por intento de homicidio contra a súa parella na Estrada

O home foi enviado ao PAC da Estrada e desde aí foi trasladado "grave" ao hospital de Santiago con varias feridas de arma branca en pernas e abdome.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 24/07/2020 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia



Unha muller foi detida por intento de homicidio ao acoitelar á súa parella na vía pública no municipio pontevedrés da Estrada.

Segundo informan fontes próximas da investigación, ás 22,17 horas do venres a Garda Civil recibiu aviso de que unha muller agredira con arma branca a un home tras unha discusión. A parella ten entre 55 e 60 anos.

O home foi enviado ao PAC da Estrada e desde aí foi trasladado "grave" ao hospital de Santiago con varias feridas de arma branca en pernas e abdome.

A muller permanece detida en calabozos á espera do pase a disposición xudicial, mentres se investigan os feitos ocorridos.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta