Temas: AEMET CALOR

Puntos do interior Galicia poderían pasar dos 38 graos esta fin de semana

O martes descenderán as temperaturas ata 6 ou 8 graos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/07/2020 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) advertiu de calor "moi intensa" os próximos días en España, con temperaturas que poderán superar os 38 graos nalgúns puntos do interior de Galicia, debido á entrada do anticiclón dos Azores.

O portavoz da Aemet, Rubén del Campo, explicou que a entrada "en cuña" do anticiclón dos Azores na Península estabilizará a atmosfera nos próximos días, o que garante ceos pouco nubrados en xeral.

Os causantes deste repunte das temperaturas a partir do domingo, segundo sinalou, son a forte insolación propia de finais do mes de xullo, xunto coa estabilidade atmosférica asociada a altas presións e ademais a chegada aire moi cálido procedente do norte de África.

O inicio este venres do ascenso das temperaturas estenderase á maior parte de España durante o sábado, domingo e luns. "Domingo e luns serán quizais os máis calorosos no que levamos de verán", advertiu o experto.

O martes e mércores, segundo apuntou do Campo, haberá unha baixada das temperaturas no norte e nordés peninsular coa chegada dunha masa de aire Atlántico máis fresca. Así o martes descenderán as temperaturas ata 6 ou 8 graos, aínda que "seguirá facendo calor.

O mércores baixarán as temperaturas no norte e no Mediterráneo; e nas comunidades cantábricas "pode ser unha xornada fresca" onde non se pase dos 20 graos, aínda que en xeral "seguirá a calor pero algo menos sufocante".

No entanto, o xoves haberá un novo ascenso térmico e temperaturas de novo moi elevadas na maior parte de España.

Temas: AEMET CALOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta