Dous casos positivos de coronavirus en Barbadás poñen en corentena a 23 contactos

Trátase de dous mozos, procedentes do País Vasco, que se atopan xa illados a domicilio e con sintomatoloxía leve.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 24/07/2020 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

A detección de dous novos casos positivos de Covid-19 no concello de Barbadás (Ourense) obrigou a pór en corentena de 14 días a 23 persoas identificadas polo equipo de rastreadores do Sergas por manter contacto directo cos afectados.

Test COVID-19 en Galicia
Test COVID-19 en Galicia | Fonte: Xunta.

Os dous mozos positivos, procedentes do País Vasco, atópanse xa en "illamento domiciliario e con sintomatoloxía leve", segundo confirmaron fontes sanitarias.

Por mor da confirmación destes dous novos casos positivos o Sergas puxo en marcha o protocolo de seguimento dos seus contactos estreitos que identificou, ata o momento, ás 23 persoas postas en corentena.

Ao longo desta tarde, un equipo de profesionais procederá á realización das probas diagnosticadas indicadas seguindo os protocolos en vigor.

Estes dous novos casos aumentan a cinco o número de persoas a seguimento domiciliario na provincia de Ourense e mantense nun o número de ingresados no Hospital Universitario de Ourense (CHUO).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ana

E dalle co Corontimo!. Que gañas teñen de confinarnos e vacunarnos, ¿verdade?. De momento xa conseguiron que todo o mundo vaia co bozal respirando dioxido de carbono. Digamos NON aos globalistas e o seu Novo Orde Mundial.

1 Sentidiñ0

A máscara filtra partículas, non gases. https://www.redaccionmedica.com/vir...