Temas: XUíZO A ESTRADA

Prisión sen fianza para a muller que acoitelou a súa parella na Estrada

A acusada foi detida o xoves despois de acoitelar a súa parella na vía pública.

Por E.P. | Pontevedra | 24/07/2020 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 1 da Estrada decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para a muller detida por acoitelar á súa parella neste municipio pontevedrés.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), durante a instrución determinarase se a muller está investigada por homicidio en grao de tentativa ou por lesións graves.

A muller foi detida o xoves despois de acoitelar á súa parella na vía pública no municipio pontevedrés da Estrada. O seu pase a disposición xudicial produciuse este venres.

Segundo informan fontes próximas da investigación, ás 22,17 horas do venres a Garda Civil recibiu aviso de que unha muller agredira con arma branca a un home tras unha discusión. A parella ten entre 55 e 60 anos.

O home foi enviado á PAC da Estrada e desde aí foi trasladado "grave" ao hospital de Santiago con varias feridas de arma branca en pernas e abdome.

Temas: XUíZO A ESTRADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta