Rescatan unha persoa que caeu á auga nunha praia de Ribeira ao envorcar a embarcación en que navegaba

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o incidente tivo lugar a lsa 17,00 horas deste venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2020 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia



Os servizos de emerxencias rescataron a unha persoa que caeu á auga ao envorcar a embarcación na que navegaba nas inmediacións da praia de Area Secada, en Ribeira.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o incidente tivo lugar a lsa 17,00 horas deste venres.

A vítima foi sacada da auga por membros do servizo local de emerxencias. Ata o lugar mobilizouse unha dotación de Urxencias Sanitarias 061, aínda que non foi necesario que dese asistencia ao accidentado.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta