Pedro Sánchez felicita os galegos polo 25 de xullo

Recorda que este ano é "distinto ao habitual", pero coa mirada "chea de futuro e esperanza".

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 25/07/2020 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, quixo mandar unha mensaxe de felicitación este sábado a todos os galegos e galegas con motivo do Día de Galicia, que se celebra este 25 de xullo. Asegurou que este ano é "distinto ao habitual", pero coa mirada "chea de futuro e esperanza".

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez | Fonte: Europa Press

"Hoxe Galicia celebra a súa cultura, as súas tradicións. Faino nun día festivo distinto ao habitual, pero coa mirada chea de futuro e esperanza. A nosa historia únenos e impúlsanos a seguir avanzando. Tamén na adversidade. Parabéns ás galegas e galegos no #DíaDeGalicia", trasladou Sánchez a través dunha mensaxe no seu perfil oficial de Twitter.

O Goberno estará presente na ofrenda ao Apóstolo Santiago a través da vicepresidenta Nadia Calviño, que acompañará aos reis Felipe e Letizia con motivo do día grande de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 anonimo

A obsesión da comentarista pola mascarilla xa roza a histeria pura e dura. Moi na liña de Trump. Seica a " libertade" é non usar a mascarilla.

2 Ana

Non precisamos que nos feliciten, precisamos poder respirar sen bozal. Por certo, ¿Pq un galego ten que levar o bozal (mascarilla) paseando so polo monte e un tertuliano nun plató de tv en Madrid non?. Que "virus" tan perigoso que tes que facer un test para saber se o tes.

1 Deportivista

Fala por ti e non pluralices. Eu agradezo calquer felicitación feita na miña língua. E se ven de alguén de fóra, Pedro Sánchez é Madrileño, AINDA MAIS!!

2 nostrus

Precisamos mais cariño entre todos os propietarios deste gran pais chamado España, que é unha nación fermosa que non consiguen manchar entre todos os que o pretenden porque a maioria dos españoles son xente maravillosa. ¿Imaxinas que todos os que se empeñan en destruila se adicaran a colaborar?, sería moi fermoso. Dende a diversidade e a diferencia pódese progresar si non rompemos a lealdade. Viva España coa sua realidade, a sua cultura, as suas linguas e a sua xente. Aos naciotas recordaríalle que é imposible ser feliz dende a deslealdade. Xa sei que é imposible contar con eles si os necesitáramos e sempre estarán ao acecho hasta que atopen unha ocasion para sairse ca deles. Estamos en democracia e temos que soportalos (eles non terían tanta paciencia con nos).

1 Gamela

Esa máscara estará homologada por Sanidade ? https://twitter.com/00Gamela/status... Non sabemos nada dos Marqueses de Galapagar ?

1 Stark Trek

Agora fálase mais do diñeiro do Juan Carlos (parece ser que estafou bastante mais do que o Coletas) PD: Eu non sei, é o que din os medios.

2 Gamela

O Juan Carlos nin siquera ocupa apartamento en Zarzuela... pero os dous de Galapagar sonche vicepresidentas dun Goberno en activo (?)