Por Galicia Confidencial | Portosín | 26/07/2020 | Actualizada ás 21:08
"Seguridade Viaria: para que todos os veciños crucen sen perigo". Este foi o lema da protestas que percorreu este domingo as rúas de Portosín, en Porto do Son, para reclamar máis seguridade no tráfico deste pobo costeiro de Porto do Son.
Os veciños levan anos denunciando a inseguridade que viven, especialmente no verán, pola gran cantidade de vehículos que cruzan o centro da vila procedentes das numerosas praias que existen na zona. Por iso, e a pesar de que se ten feito unha nova rotonda, seguen sen estar satisfeitos.
Os veciños reclaman que se instalen tráficos para o control do tráfico e, especialmente, para facilitar a súa mobilidade e mellorar a seguridade na zona.
Acabamos de acompañar aos veciños do Mariño en Portosín.
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) July 26, 2020
Esixen o semáforo e os pasos de peóns que lle foron prometidos hai catro anos@NosDiario@NosTelevision @prazapublica @Gconfidencial pic.twitter.com/x4ZMaEeN87
Veciñanza de Portosín maniféstase pola seguridade vial no pobo@NosDiario @NosTelevision @Gconfidencial @prazapublica @SerGalicia pic.twitter.com/RQIO93anSC
— RosaliaTV (@rosalia_tv) July 26, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.