Diferencias nas probas da expedición do Fuenlabrada: A Xunta fala de 18 e o club de 28 positivos

A Xunta confirmou seis novos positivos, mentres que o club aumenta a cifra a 12 novos casos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/07/2020 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Os integrantes da expedición do Club de Fútbol Fuenlabrada desprazada á Coruña infectados por coronavirus son xa un total de 18, despois de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ratificase que hai seis novos diagnosticados.

Segundo informou o Sergas, os resultados obtidos nas probas realizadas polo laboratorio de microbioloxía da área Sanitaria da Coruña este domingo confirman que son 18 os casos positivos, incluídos os 12 previamente diagnosticados como positivos o pasado xoves por este mesmo laboratorio.

Con todo, o pasado sábado o Club de Fútbol Fuenlabrada anunciara 12 novos contaxios, ata sumar un total de 28 positivos no equipo. "Os outros oito novos casos levan dando negativo desde o sábado 18" e, "pasados oito días e a pesar de estar illados nas súas habitacións o últimos seis, hoxe os resultados deron positivo", afirmou o club o pasado sábado.

O pasado xoves o club de fútbol xa anunciara pola súa conta positivos entre o seu persoal, sen esperar ás autoridades sanitarias autonómicas. Así, unhas catro horas antes de ser coñecidos os resultados das probas do Sergas, o Fuenlabrada fixera públicos a tarde do xoves cinco novos contaxios por COVID-19, aínda que segundo os seus cálculos, un estaría pendente de aclarar.

O proceder do club de fútbol orixinou que a Xunta emitise un comunicado a última hora da tarde do xoves no cal cargaba contra LaLiga e o Club de Fútbol Fuenlabrada polos incumprimentos de forma "reiterada" da normativa sanitaria e lamentaba que "reincidan" na realización de tests de Covid-19 sen polo en coñecemento da Consellería de Sanidade, o que supón un incumprimento da normativa vixente.

En calquera caso, aos 18 positivos entre a expedición do Fuenlabrada na Coruña hai que engadir os catro membros do persoal que xa non puideron viaxar á cidade herculina, onde se segue confinado o equipo despois de suspenderse o seu encontro do luns da semana pasada ante o Deportivo. Un dos xogadores que está na Coruña tivo que ser conducido o pasado venres a un centro hospitalario.

Unha persoa mira por unha xanela do hotel NH Finisterre da Coruña onde os xogadores do CF Fuenlabrada permanecen confinados nel tras dar positivo en coronavirus varios dos seus membros. M. Dylan - Europa Press
Unha persoa mira por unha xanela do hotel NH Finisterre da Coruña onde os xogadores do CF Fuenlabrada permanecen confinados nel tras dar positivo en coronavirus varios dos seus membros. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta