128 galegos están en prisión por delitos contra a seguridade viaria

Tamén son galegos catro dos 26 presos en España por cometer un homicidio imprudente con vehículo a motor.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/07/2020 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

Un total de 128 galegos están en prisión por delitos contra a seguridade viaria como delito principal do seu internamento, segundo consta no informe elaborado por Institucións Penais e presentado este luns polo ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.

Accidente de tráfico en Cerceda (A Coruña).
Accidente de tráfico en Cerceda (A Coruña).

En concreto, por este motivo hai en prisión 55 veciños da Coruña, 53 veciños de Pontevedra, 11 veciños de Lugo e 9 veciños de Ourense. Tamén son galegos catro dos 26 presos en España por cometer un homicidio imprudente con vehículo a motor --dous en Pontevedra, un na Coruña e un en Lugo--.

A nivel estatal, un total de 4.542 persoas atópanse en prisión por cometer algún delito contra a seguridade viaria. Deles, 3.383 teñen delitos contra a seguridade viaria, pero outros delitos como delito principal, e 1.159 teñen varios delitos, pero o delito contra a seguridade viaria foi o principal (destes, 877 foron privados de liberdade por cometer un único delito que foi contra a seguridade viaria).

Dos 1.159 presos por cometer un delito contra a seguridade viaria como delito principal, o 54,4% están no cárcere por conducir sen carné ou co carné sen vixencia, mentres que o 16,7% está en prisión por conducir de forma temeraria e o 16,5% por conducir baixo os efectos do alcol.

A idade media destas 1.159 persoas en prisión é de 39,8 anos, o 81,4% son españois, o 97,3% son homes e a condena media é de 667 días (1,8 anos). "Este dato sorprendeunos", sinalou o secretario xeral de Institucións Penais, Anxo Luís Ortiz, que tamén estivo na presentación, xunto ao director xeral de Tráfico, Pere Navarro.

A provincia con maior número de persoas en prisión é Madrid, co 11,5% das condenas, mentres que as que menos son Huesca, Ávila e Segovia, co 0,1%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta