O TSXG rexeita a petición do Concello de Pontevedra de anular a autorización ambiental da fábrica de Ence

No fallo arguméntase que a aplicación da disposición do Plan de Ordenación do Litoral (POL) que avala a recuperación dos terreos de Lourizán "non pode interpretarse como de prazo vencido".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/07/2020 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso interposto polo Concello de Pontevedra no que pedía a revisión da autorización ambiental outorgada pola Xunta á fábrica de pasta de papel da empresa Ence situada en Lourizán.

Planta de Ence en Pontevedra
Planta de Ence en Pontevedra | Fonte: Europa Press.

Segundo informou o Concello de Pontevedra, o recurso foi interposto en setembro do ano 2018 contra a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia.

O recurso municipal baseábase en que a resolución da Xunta na que revisaba a autorización ambiental produciuse contravindo o Plan de Ordenación do Litoral (POL), no que a Xunta ordenaba a recuperación ambiental deses terreos.

A sentenza do alto tribunal galego conclúe, con todo, que a data de 2018 que marcaba a Xunta de Galicia para devolver os terreos ao seu estado orixinal estaba vinculada á concesión outorgada polo Estado a Ence e que este prazo, sinalan os maxistrados, "mutou tras a ampliación concesional" aprobada polo Executivo en funcións que presidía Mariano Rajoy, que autorizou a continuidade da pasteira ata o ano 2073.

No fallo arguméntase que a aplicación da disposición do Plan de Ordenación do Litoral (POL) que avala a recuperación dos terreos de Lourizán "non pode interpretarse como de prazo vencido senón como un obxectivo de regular a recuperación do espazo concesional unha vez que a empresa codemandada abandone as instalacións".

Segundo informou a portavoz do goberno local de Pontevedra, a concelleira Carme Da Silva, o Concello sopesa a posibilidade de recorrer a sentenza, aínda que os servizos xurídicos desaconsellan presentarse ante o Tribunal Supremo. A administración municipal foi condenada, ademais, ao pago das costas do xuízo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Paco

Ence debería plantearse denunciar a toda esta tropa por acoso

1 Tano

Cobras de ence ou actúas de balde?

2 José

Pois claro, e despois voltar queimar o monte

3 Paco

Si Ence es responsable de quemar el monte, ¿por qué es lo único por lo que no se denuncia a esta empresa? La obsesión enfermiza de ciertos sectores con denunciar y denunciar una y otra vez a ver si algo prende sólo los retrata y desacredita. Si los amparase el rigor deberían ganar algo en los tribunales, sin embargo sólo demuestran ser unos tocape...