Máis de 720 hectáreas queimadas no incendio de Monterrei que leva ardendo desde o venres

Activo outro lume en Quiroga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2020 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Medios de extinción participan nos traballos para tentar controlar un incendio que se declarou no municipio lucense de Quiroga, mentres que o lume de Monterrei, polo momento o de maiores dimensións deste verán en Galicia, permanece estabilizado desde primeira hora da tarde do pasado domingo, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

En concreto, o incendio de Quiroga afecta desde as 2,47 horas da madrugada á parroquia de Enciñeira e a superficie queimada provisionalmente é dunhas 20 hectáreas. Foron mobilizados para axudar a controlar as chamas dous axentes, seis brigadas, dúas motobombas e unha pa.

Pola súa banda, permanece estabilizado o lume de Monterrei, que afecta á parroquia de Flariz e que leva arrasadas 720 hectáreas, das cales 450 eran forestais (400 rasas e 50 arboredos) e 270 destinadas a uso agrícola.

Este lume está estabilizado desde as 15,20 horas do domingo, tras declararse o pasado venres ás 17,05 horas da tarde. No control das chamas mobilizáronse catro técnicos, 30 axentes, 74 brigadas, 34 motobombas, dúas pas, nove helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

EXTINGUIDO O LUME DE TOÉN

Pola súa banda, o incendio forestal que se iniciou sobre as 18,00 horas do luns na parroquia ourensá de Santa María de Toén quedou extinguido ás 5,33 horas da madrugada do martes, segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Medio Rural.

Neste caso, as chamas calcinaron 15 hectáreas, das cales 7,3 correspondían a terreo arboledo e 7,74 a superficie rasa. Nos labores de extinción participaron seis avións, catro helicópteros, tres axentes, sete brigadas, cinco motobombas e unha pa.

Lume na zona de Monterrei
Lume na zona de Monterrei | Fonte: FBcomarcas de Monterrei, Frieiras e Viana

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta