Temas: GALICIA DATOS PARO

Os fogares galegos con todos os seus membros en paro soben en case 5.000 persoas con respecto ao pasado ano

Sitúanse en 57.100 fogares no segundo trimestre deste ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2020 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

O número de fogares galegos con todos os seus membros en paro situouse en 57.100 no segundo trimestre, o que supón un aumento de 4.900 fogares nesta situación, con respecto a hai un ano, un, 9,4% máis.

Con todo, a porcentaxe de fogares con todos os seus membros en paro en Galicia é do 7,82%, por baixo da media española (8,7%), pero é a máis alta do país desde o segundo trimestre de 2018 a pesar de que hai 100 fogares menos (-0,2%) en comparación cos tres meses anteriores, segundo os datos que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están ocupados aumenta en 400 unidades, de forma que son 605.000. En cambio, se se compara co mesmo trimestre de 2019 hai 12.100 fogares menos neste caso (-2%).

Fogares con todos os seus membros en paro en Galicia e en España. EPDATA
Fogares con todos os seus membros en paro en Galicia e en España. EPDATA | Fonte: Europa Press

Temas: GALICIA DATOS PARO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta