Temas: DICIONARIOS RAG

O dicionario da RAG incorpora novos termos relacionados coa pandemia, como 'gromo' e 'repunta'

O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega acordou incorporar outras entradas e acepcións, como 'triaxe', 'gotícula', 'polimerase' ou 'cápside'.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/07/2020 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega acordou incorporar ao seu dicionario novas entradas e acepcións relacionadas co vocabulario da pandemia do coronavirus, como 'gromo' e 'repunta'.

Novas plabras incorporadas ao dicionario da RAG.
Novas plabras incorporadas ao dicionario da RAG.

En concreto, incorpórase 'gromo' para denominar a aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar; así como 'repunta' para referirse a a nova aparición de algo, especialmente dunha doenza epidémica nun lugar no que xa estaba controlada ou en vías de desaparición.

A RAG sinala que a última actualización do seu dicionario, visible desde este martes, incorpora, ademais, outras voces científicas que irromperon na linguaxe cotiá como 'triaxe', 'gotícula', 'polimerase' ou 'cápside'.

A Real Academia Galega xa incorporou o pasado mes de maio ao seu dicionario outras voces relacionadas coa pandemia como 'covid-19', 'coronavirus', 'desconfinamento' ou 'desescalada'.

Desta vez, ademais de 'gromo' e 'repunta', entran tamén 'triaxe', 'gotícula', 'cápside', 'reservorio' e 'polimerase', termo que saltou dos laboratorios á rúa pola xeneralización da técnica de reacción en cadea da polimerasa (PCR, polas súas siglas en inglés) para diagnosticar o coronavirus. Compleméntanse ademais as entradas de letalidade e mortalidade coas expresións 'taxa de letalidade' e 'taxa de mortalidade'; e engádense outros termos do vocabulario médico como 'antitusivo' ou 'antitusíxeno', 'axeusia', 'hipoxeusia' ou 'frotis'.

Temas: DICIONARIOS RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta