Un positivo de Covid-19 en Cedeira chegado do estranxeiro e dous en Cuntis

A área sanitaria de Ferrol non rexistraba novos casos desde que o pasado 19 de xullo se declarase libre de COVID-19.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 28/07/2020 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

Tras nove días sen casos de coronavirus activos, a área sanitaria de Ferrol rexistrou este martes un positivo de COVID-19 no municipio de Cedeira, segundo confirmaron fontes sanitarias.

Mostra para facer un test de coronavirus
Mostra para facer un test de coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

O propio Concello de Cedeira informou aos veciños desde as súas redes sociais deste positivo, que coñeceu a través do centro de saúde a media mañá. Segundo apuntaron fontes municipais, trátase dunha persoa procedente do estranxeiro e que se atopa en corentena no seu domicilio. A área sanitaria de Ferrol non rexistraba novos casos desde que o pasado 19 de xullo se declarase libre de COVID.

Por outra banda, o concello pontevedrés de Cuntis informou tamén este martes da detección de dous casos positivos na localidade, un foco "controlado" e sobre o que se están aplicando "todas as medidas protocolarias de seguimento e control".

Ambos os municipios fixeron un chamamento á tranquilidade da poboación e resaltaron a importancia de cumprir os protocolos e medidas de protección, como a distancia de seguridade ou o uso de máscara.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 Gamela

119 mortos nas últimas 24 horas no Reino Unido (e non levan mascarilla) ? e acaban de decretar cuarentena de 14 días para todos que veñan de España (?) Mortos ou mascarillas (?)

1 Ana

¿vacuna da gripe?, pandemia, falsos positivos, confinamento, distanciamento social, bozal, ruina economica, ¿cartilla covid?, ¿vacuna covid-19?, ¿chip?, ¿goberno mundial?... E isto non da medo, o que da medo e a sumision da poboacion. Mentras, no resto de Europa a xente esta a facer vida normal sen mascarillas. Eu digo NON ao Novo Orde Mundial.

1 Gamela

Eu tamén digo NON ao novo orde mundial pero o virus existe e mata (?) Non vexo que o millón de novos parados levanten a voz (?) En canto a levar máscara é certamente un xeito de retorcer a liberdade individual pero tamén é un xeito de lembrarlle aos rapaces que o confinamento de dous meses non debera ser algo inútil (?) Non comprendo como estamos a rastrexar positivo e á vez abrimos discotecas (?) Cal é a túa posición sobre o asunto? Pasar de todo e vivir coma se non houbera virus no ambiente (?) Certamente este virus matará ao 5% dará un bo susto ao 15% e o resto da poboación sin siquera se enterará de que existe o virus (?) Asumimos o risco de ir a un hospital e non ter respiradores (outra vez) ? Non vexo claro o tema por ningures !

2 Realpolitik

Chips nas vacinas, bozais, NWO... Xa está eiquí a conspiranoica do GC disposta a ilustrarnos a todos cas súas paranoias sen sentido (e perigosas). Ana, só che faltan os reptiliáns e os Ummitas pra completar a orquestra (ti pos as maracas...). Magufa!

3 Ana

Buscade o seguinte video: "Periodista español denuncia "el plandemonium""

4 Gamela

Está ben o conto https://youtu.be/6S0wIY5vVDE?t=100 e mesmo podería ser real se no mundo dos tiburóns económicos non houbera tamén competencia (?) Georges Soros e Bil Gates non poden ser os únicos que controlen esta pandemia (?) Pero de ser certo bastaría con cortarlles a cabeza e problema resolto (?) Liquidar a 500 persoas neste mundo de tolos non debe ser moi dificil (?) E ao día seguinte igual os ricos que quedaran vivios poderían tomar outras decisións máis Humanitarias (?)

5 Gamela

ANA / Agás que no consello de administración de EuroNews tamén estea Soros e Gates (que pode ser) non somos os únicos que levamos máscara e temos a vida feita unha merda! https://youtu.be/oRfHk-0uv58 (mal de moitos, epidemia!) Claro que convencer ao personal de que a vida é algo que só interesa se pode ser VIVIDA (libremente) non vai ser doado... Pois o que ten cú, ten medo... (e o medo é a cousa máis contaxiosa do mundo, supoño) ?

6 Ana

Quen sexan as elites que estan detras e o de menos o preocupante e que a sociedade non vea que os estan a arruinar e recortandolles liberdades co pretexto do "virus". Cando, de ser certa a pandemia (nisequera se fixeron autopsias e os test dan falsos positivos), chegaba con protexer aos colectivos de risco e non confinar a toda a poboacion nin obrigar a respirar dioxido de carbono a persoas sanas coas mascarillas. As medidas que se estan a tomar son incluso mais radicais que as recomendacions da OMS. Outra pregunta ¿Cantas persoas se informaron sobre o "Informe Barbastro" e o que di sobre a vacuna da gripe?.

7 Gamela

Mentres busco ese informe sobre vacinas, recoméndoche este outro vídeo, no que se trata de ver con calma de que vai o tema da IDEOLOXÍA e de como afecta á realidade das nosas vidas... https://youtu.be/xBZMgdSV-6U A sociedade sí pode ver que lle están arruinando a vida, pero se non sabe quén lla está a arruinar, seguirá votando aos mesmos partidos que lle obrigan a levar máscara (aínda que a máscara non resolva os seus problemas!) Por iso resultaría fundamental, para sair do bucle, IDENTIFICAR ao inimigo da nosa liberdade ameazada (?)

8 Gamela

El informe Barbastro no creo que pueda explicar los datos de una pandemia global (?) https://maldita.es/malditaciencia/2... Otra cosa bien distinta es que a veces una vacuna gripal puede originar un proceso crítico en pacientes con otras enfermedades (?) Si no te mata la gripe quizás te maten los efectos no deseados de la vacuna (?) Eso ya lo sabemos desde hace años, pero aún así me sigo vacunando de la gripe todos los años y sólo estuve a punto de irme al otro barrio en UNA OCASIÓN ! La vida es riesgo, y todos estamos sometidos a vivir riesgos que pueden resultar fatales (?)