Temas: LIXO A LAMA

O Concello da Lama denuncia a un veciño que "leva meses sen recoller" aveños e lixo depositados na rúa

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 28/07/2020 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O alcalde da Lama, Jorge Canda, informou este martes no Pleno de que se iniciarán accións legais contra un veciño que "leva meses sen recoller" aveños e lixo depositados na rúa sen autorización.

Lixo acumulado por un veciño na Lama
Lixo acumulado por un veciño na Lama | Fonte: Concello.

Así, o rexedor comunicoulle aos membros da corporación que, ante as reiteradas advertencias e a falta de resposta satisfactoria por parte do veciño, o seu caso foi posto en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e da Garda Civil para incoar a denuncia pertinente co fin de que "se lle apliquen as medidas coercitivas que determina a normativa para estes casos".

Por outra banda, o alcalde lembrou o deber que teñen os propietarios de leiras de realizar labores de limpeza e control da maleza para previr calquera situación de perigo ante a posibilidade dun incendio. Ademais destacou a normativa existente para eliminar especies pirófitas na proximidade das casas e zonas habitadas.

Temas: LIXO A LAMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta