A Xunta presume de que 2.200 sanitarios pediron o bono turístico na súa primeira xornada

O colectivo socio sanitario galego está formado por máis de 50.000 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2020 | Actualizada ás 21:44

Comparte esta noticia

O polémico bono turístico posto en marcha pola Xunta para o persoal do sector sanitario e sociosanitario recibiu, na primeira xornada na que foi posible pedilo, máis de 2.200 solicitudes, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Administración galega.

A Xunta abriu á primeira hora deste martes o prazo para solicitar este bono, un elemento impulsado en colaboración co Clúster Turismo de Galicia e que está dotado con 5 millóns de euros. A media xornada, xa eran máis de 1.500 os bonos pedidos e a última hora superaban os 2.200. Unha cifra que contrasta coas máis de 50.000 persoas que conforman o colectivo sociosaniatiro galego.

A solicitude destes bonos, que pretenden inxectar liquidez nas empresas desta industria, fomentar o turismo interno, incentivar o consumo e impulsar a recuperación da economía, poderá realizarse ata o 30 de novembro e a súa concesión realizarase por orde de inscrición. En total, a iniciativa chegará a preto de 20.000 empregados do sector sanitario e sociosanitario que traballaron en primeira liña na loita contra a COVID-19.

Todos aqueles que resulten beneficiarios recibirán un cartón prepagamento de Abanca con 250 euros, de carácter nominativo, que poderá ser utilizada nos establecementos ou produtos turísticos adheridos a este programa ata o 13 de decembro, co obxectivo de favorecer a recuperación e reactivación do sector turístico de maneira inmediata e ata finais de 2020.

Sanitarios
Sanitarios | Fonte: EFE

Esta iniciativa fora duramente criticada por todo o sector sociosanitario, desde profesionais, a colexios médicos e sindicatos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta