O BNG pide incluír a Madrid na lista de territorios baixo control por ser "orixe de moitos contaxios"

A formación nacionalista tamén reclama excluír ós traballadores transfronteirizos do norte de portugal, unha posibilidade que a Xunta xa está ponderando.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

O BNG pide á Xunta que se inclúa a Madrid na lista de territorios de maior incidencia de coronavirus, por ser a "orixe de moitos contagios importados". Ao tempo, reclamou que se exclúa aos traballadores transfronteirizos entre Galicia e Norte de Portugal do sistema de control de datos establecido polas autoridades autonómicas, xa que a situación nesta rexión lusa é similar á galega ou mellor.

Así, a través dun comunicado, trasladou este mércores a súa "preocupación" polos continuados rebrotes de coronavirus que se están coñecendo en Galicia e considera que a Xunta "non está a actuar coa necesaria dilixencia e seriedade". Igualmente, o BNG cre que algunhas das medidas adoptadas "parecen máis pensadas para conseguir un titular de prensa que en base á súa eficacia para evitar e controlar os novos casos de coronavirus".

A modo de exemplo, os nacionalistas sinalan a decisión de "impor como obrigatorio" que todas as persoas que proceden dun territorio considerado de alta incidencia do virus teñan que facilitar datos se figuran dunha listaxe de comunidades e países; unha medida que, a xuízo da portavoz sanitaria na pasada lexislatura, "non responde a criterios de racionalidade".

Neste sentido, a formación nacionalista "non atopa explicación" a que un país como Portugal figure na listaxe desde onde as persoas que cheguen de Galicia deben dar os seus datos e, con todo, non estea incluído Madrid, "a pesar de ser un territorio do que proceden moitos dos casos de contaxio importados".

Así o di porque, a pandemia no norte de Portugal, "está baixo control" segundo os cocientes que presenta. Por iso, reproba que a Xunta "obrigue aos traballadores transfronteirizos a ter que facilitar información e datos de contacto para ser incluídos no rexistro habilitado para tal función e pide que sexan excluídos desta obrigación".

Montse Prado en rolda de prensa. EUROPA PRESS - Arquivo
Montse Prado en rolda de prensa. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

A XUNTA, ANALIZANDO O CASO PORTUGUÉS

Este mesmo mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que nos próximos días o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, manterá reunións para avaliar a posibilidade de rexionalizar Portugal e incluír no protocolo de viaxeiros elaborado pola Xunta só as zonas con maior incidencia epidemiolóxica do país luso.

Aínda que no protocolo que obriga a comunicar estancias en zonas de risco non se fan diferenzas con respecto ao territorio dos países, excepto no caso do Estado, Feijóo trasladou a necesidade de establecer unha diferenciación por zonas de alta incidencia da COVID-19 tamén para o país veciño, ante os "estreitos lazos" que o unen con Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 anonimo 2

Ao que eu não encontro explicação é que nenhuma formação política denuncie uma medida que atenta contra a liberdade e que é própria de uma ditadura. E que alguém diga a sua eficácia? Nenhuma, o um registro obrigatório (viva o fascismo) não evita nem um só contagio! Viva o fascismo! Medida inútil contra a pandemia. Não ao estado de alarme, não a registros obrigatórios dos nossos movimentos, não as medidas coercitivas em haras de uma totalmente false segurança! E o mesmo que com a violência machista, quando há um assassinato machista o primeiro que miram os desvergonhados e se a vítima presentou uma denúncia, no caso contrário, a culpa é da vítima por não ter denunciado. Isso sim, depois da denúncia a vítima tem que ao domicilio a viver com o denunciado!!

1 anonimo

Pareceme moi exaxerado o comentario. Non sei que terá que ver co " fascismo" (algo dos anos 30 e seguintes do século pasado) o do rexistro obrigatorio. Eso si, seica que se dis as cousas ca ortografía portuguesa son mais non sei qué,pero desde logo moito mais non sei qué.