Marea Atlántica reivindica a súa postura aberta ó debate fronte ás críticas internas

A formación coruñesa celebrará este ano unha asemblea xeral para "reforzar os mecanismos de participación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

Marea Atlántica convocará este ano a súa asemblea xeral, na que se debaterá o "reforzo de mecanismos de participación", tal e como explicou este mércores o portavoz da formación, Diego Jiménez, que defendeu esta como unha das ideas que ten a coordinadora, que tomou posesión a principios de 2020.

En declaracións aos medios, Jiménez explicou que a chamada Marea Viva está pendente de organización debido á crise sanitaria, pero defende que se debaterá tamén o "reforzo de territorialización por barrios" da formación.

Segundo o portavoz, estas "demandas" son algunhas das expostas nunha carta asinada por varios membros da formación a semana pasada e "asumidas" pola coordinadora. "O documento debateuse nun debate aberto e diverso, como todos os debates de Marea Atlántica", expuxo.

Pronunciamento da Rede de Marea Atlántica sobre os orzamentos da Coruña.. MAREA ATLÁNTICA
Pronunciamento da Rede de Marea Atlántica sobre os orzamentos da Coruña.. MAREA ATLÁNTICA

CRÍTICOS

A concelleira no consistorio da Coruña Claudia Delso insistiu en que "parte das conclusións" da carta dos críticos foron incorporadas ao documento de conclusións da reunión da semana pasada, e engadiu que este "foi aprobado por un 85% de votos". "Está no noso ADN debater e traballar", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta