Desarticulan tras dous anos de investigación unha banda que roubaba camións

Esta banda operaba na provincia de Ourense.

Por E.P. | OURENSE | 29/07/2020 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense informou este mércores da desarticulación, tras tres anos de investigación, dunha banda itinerante dedicada ao roubo de camións que operou nesta provincia.

Segundo explicou o corpo, no ano 2017 e 2019 producíronse varios roubos en camións no Polígono Industrial de Pereiro de Aguiar, en Ourense, por mor dos cales se iniciou unha investigación. As pescudas revelaron que se trataba dun grupo criminal estruturado que operaba desde outros puntos de España, dado que se produciron roubos case simultáneos.

Os supostos autores buscaban en diferentes páxinas web anuncios de camións e, facéndose pasar por falsos compradores, contactaban coas vítimas para estudar o lugar e planificar posteriormente o roubo.

Tras máis de dous anos de "intensa investigación", conseguiuse identificar os compoñentes do grupo criminal, os cales residían en diferentes puntos da xeografía española. Un dos camións subtraídos puido ser recuperado en Illescas (Toledo).

Esta semana, a Garda Civil procedeu a deter en Madrid e Sevilla a seis persoas, de entre 31 e 58 anos, relacionadas con esta operación.

Camión
Camión | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta