Temas: MAR VILAGARCíA

Sanidade desaconsella temporalmente o baño na praia pontevedresa do Preguntoiro pola analíticas da auga

O Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía izou este mediodía a bandeira amarela.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 30/07/2020 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

O Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía (Pontevedra) izou este mediodía a bandeira amarela na praia do Preguntoiro para advertir aos usuarios do areal de que se desaconsella o baño de forma temporal.

Praia do Preguntoiro
Praia do Preguntoiro | Fonte: Turismo de Galicia.

A medida, informou o Concello, adoptouse despois de que a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade comunicase por teléfono ao consistorio que non se recomendaba o baño en base aos resultados dunha mostraxe tomada o pasado martes, cuxa analítica "rexistrou unha concentración microbiolóxica por enriba dos parámetros establecidos".

Dado que entre a toma de mostras e a comunicación transcorreron "dous días", apunta en Concello, a localidade reclamou á Xunta "que modifique os protocolos e axilice o procedemento e comunicación para evitar, de ser o caso, posibles riscos aos bañistas e tamén os prexuízos que supón para o Concello e para a propia praia ter izada a bandeira amarela durante varias xornadas sen saber o estado real das augas". "Isto sucede porque, no mellor dos casos, aínda haberá que esperar outros dous días a coñecer o resultado da contraprueba", apuntan.

O Concello avanzou que investigará a causa da concentración microbiolóxica para actuar en consecuencia, adoptando as medidas que procedan "se están na súa man" ou facendo "as xestións oportunas ante os organismos ou administracións ás que correspondan".

Temas: MAR VILAGARCíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta