Allariz presume da súa historia con percorridos guiados pola vila

Faranse todos os sábados de agosto con grupos reducidos e os controis sanitarios que impón a nova normalidade.

Por X.M. Fernández | Allariz | 01/08/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A iniciativa parte da concellaría de Promoción Económica, Comercio e Turismo, e as visitas desenvolveranse baixo o protocolo de protección contra a covid-19. Entre as medidas inclúense a formación de grupos reducidos (máximo 20 persoas) con toma de temperatura e uso obrigatorio da máscara. Facilitarase hidroxel antes e durante o servizo .

Oficina de Información e Turismo de Allariz. Foto: Concello
Oficina de Información e Turismo de Allariz. Foto: Concello

O percorrido partirá da oficina de turismo de Allariz as 11:30h e terá una duración aproximada dunha hora e media á beira do río Arnoia e o casco histórico de Allariz. Nesta andaina divulgativa coñeceranse todo tipo de elementos culturais, monumentais, paisaxísticos e patrimonias vencellados á historia alaricana, con especial atención ás súas prazas, igrexas, recursos turísticos, lendas e anécdotas. O Arnado, a Praza Maior, A Paneira, a Igrexa de Santiago, a rúa da Cruz e o Edificio do antigo Xulgado serán paradas obrigadas nos roteiros.

As visitas terán lugar todos os sábados de agosto cunha tarifa xeral de 6 € e reducida de 3 € para parados, estudantes e xubilados. Ata os 10 anos, inclusive, a actividade será de balde.  Todos aqueles interesados poden apuntarse na propia oficina de turismo, no teléfono  988 442008 ou a través do correo informacion@allariz.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta