O PSdG de Ourense leva á Deputación ós tribunais por unhas axudas que "poderían ser ilegais"

Afirman que cargos da Deputación "deron información privilexiada a unha serie de autónomos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2020 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

O PSOE de Ourense interpuxo un recurso contencioso administrativo contra as bases reguladoras que rexen a concesión das axudas a autónomos aprobadas pola Deputación provincial o pasado 8 de maio.

Así o sinalaron os socialistas ourensáns nun comunicado, no que explican que, "tras consultar as conclusións do informe da Avogacía do Estado no que se apuntaba que estas bases carecen de informes preceptivos e vinculantes", optan pola vía xudicial ao considerar que "poderían incorrer en ilegalidade".

"O PSOE vai velar sempre porque o diñeiro público se reparta de forma legal, de acordo coas competencias que ten cada administración e que se faga de forma xusta", sinala o grupo provincial, que lembra que antes de que as axudas fosen publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP), cargos institucionais do PP "deron información privilexiada a unha serie de autónomos" que, segundo os socialistas, foron os que primeiro presentaron as súas solicitudes.

Así mesmo, o secretario provincial do PSOE, Rodríguez Villarino, trasladou unha mensaxe de "calma" aos autónomos. "Poden estar tranquilos, xa que non terán que devolver as axudas", manifestou para considerar que este colectivo está a ser "utilizado" polo PP como "ferramenta electoral" para "atacar aos socialistas" por investigar as "presuntas ilegalidades".

"Os socialistas estamos a favor das axudas aos autónomos", subliñou Villarino, que considera que "as cousas deben de facerse "conforme á legalidade e non como fai clan Baltar, adoitado repartir o diñeiro coma se fosen fajos de billetes seus, e dándollos primeiro aos amigos", indicou.

Ademais, subliñou que "os únicos responsables no caso de que a xustiza ditamine a ilegalidade das axudas son os Baltar e os membros da xunta de goberno da Deputación que aprobaron as bases". "As bases serán sometidas ao escrutinio da xustiza e será esta a que ditamine se efectivamente ten razón Baltar ou se, pola contra, teno o informe da Avogacía do Estado, co que coincide o PSOE", sinalou.

Imaxe dos socialistas de Ourense. PSOE OURENSE
Imaxe dos socialistas de Ourense. PSOE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta