O ocio nocturno da Mariña responde ó peche da Xunta: "será imposible manter o negocio"

Esixen manter unha reunión coas administracións para distinguir entre os negocios "dispostos a respectar as normativas" e os que "incumplen as medidas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2020 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, recoñeceu a súa “inquietude e incerteza sobre o futuro destes establecementos coas restricións que se lles aplican” despois da decisión da Consellería de  Sanidade de prohibir a apertura dos locais de lecer nocturno da comarca da Mariña.

Discoteca. EUROPA PRESS - Arquivo
Discoteca. EUROPA PRESS - Arquivo

Real esixe que, dentro da categoría de lecer nocturno, se estableza unha diferenza clara entre aqueles “hostaleiros sobradamente preparados e dispostos a respectar as normativas, restricións e medidas hixiénico-sanitarias para evitar novos rebrotes” de “aqueles establecementos que incumpren os horarios e o resto de medidas”.

“Desde a Apehl estamos en contacto coa Xunta de Galicia e queremos propoñer unha reunión coas distintas administracións, autonómica, provincial e locais, con membros da propia Asociación en representación do lecer nocturno da Mariña”, engade  Cheché Real.

Un encontro, precisa Real, “para tratar as inquietudes dos establecementos deste sector, que xa levan cinco meses pechados e aos que lles é practicamente imposible manter un negocio nestas circunstancias”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta