A alcaldesa da Coruña agradece a denuncia da Xunta contra o Fuenlabrada cos mesmos argumentos que o concello

"Evidentemente apoiamos a decisión da Xunta", indica.

Por E.P. | A CORUÑA | 31/07/2020 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, agradeceu á Xunta que abra expediente sancionador ao Club de Fútbol Fuenlabrada e apuntou que o Goberno galego mantén "os mesmos argumentos" que ela defendeu "desde o primeiro día".

"Evidentemente apoiamos a decisión da Xunta", explicou a rexedora en declaracións aos medios, mostrándose satisfeita de que o Executivo autonómico "inicie as accións oportunas para pedir as responsabilidades que haxa" no caso.

A alcaldesa ratificou que 33 dos 46 membros da expedición do club de fútbol madrileño "xa deron negativo" nas probas de coronavirus e que, por tanto, poderán abandonar o hotel "cumprindo todos os protocolos". "13 quedarán en corentena", apuntou.

Con respecto a outros casos positivos ou sospeitas no municipio, Rey afirmou que a situación "está controlada perfectamente" a través do Sergas. "Está todo o mundo localizado e fixéronse as PCR correspondentes", finalizou.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta