Viaqua anuncia que dará un euro a colectivos vulnerables por cada novo cliente

A iniciativa abrangue ata o 30 de setembro e estará centrada en persoas afectadas pola crise da covid.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

A xestora de augas Viaqua vén de dar a coñecer unha campaña social para "atender ás persoas en situación de vulnerabilidade por mor da pandemia do COVID-19". Segundo apuntan dende a empresa, esta dedicará un euro a estes colectivos por cada novo usuario que se rexistre na área de clientes.

Firma do convenio entre Viaqua e Cruz Vermella en Santiago
Firma do convenio entre Viaqua e Cruz Vermella en Santiago | Fonte: remitida

O proxecto, anunciado no marco da renovación do acordo de actuación social coa Cruz Vermella, abranguerá todos os rexistros desenvoltos ata o día 30 de setembro. Dende a empresa destacan que a acción social serve para demostrar que "Viaqua segue apostando por ir máis aló de xestionar un servizo público, para ser unha empresa que achega valor á sociedade santiaguesa a través de iniciativas propias e mediante alianzas", como é a sostida con Cruz Vermella. Deste xeito, continúan, defeden o seu compromiso para "contribuír ao alcance dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola ONU".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta