Un porteiro dun local nocturno de Oleiros provoca o segundo maior foco de contaxios de Galicia

Hai xa máis de 25 afectados, a maioría deles nun ximnasio de Arteixo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 31/07/2020 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

O foco de COVID-19 relacionado cun ximnasio situado no núcleo de poboación de Meicende, no municipio coruñés de Arteixo, alcanza xa os 25 contaxiados, ao sumar sete positivos máis nas últimas horas, segundo informa o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

A orixe do brote sitúase nun usuario dese ximmasio que tamén traballa como porteiro dun pub de Santa Cruz, en Oleiros (A Coruña), local que xa foi pechado a pasada semana e xa este medio anunciaba que podía dar lugar a contaxios masivos.

Dispositivo sanitario PCR para detectar a infección por coronavirus
Dispositivo sanitario PCR para detectar a infección por coronavirus | Fonte: Europa Press

No centro de adestramento situado en Meicende suspendéronse as clases, pero o rastrexo dos contactos realizado pola área Sanitaria da Coruña orixinou a detección destes novos casos, que xa están illados e en seguimento domiciliario. Un dos positivos é o dun vixiante do centro cívico de Monte Alto, usuario tamén do ximnasio.

O seguimento dos contactos relacionados co brote rexistrado en Meicende e as súas ramificacións realizado pola área Sanitaria da Coruña supuxo a realización de máis de 425 PCR.

Con todo, as autoridades sanitarias consideran que segue habendo posibilidade de novos contaxios, polo que subliña que a Consellería de Sanidade "segue traballando co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación".

Este brote converteuse xa o segundo de maior importancia dos detectados en Galicia, só superado polo que obrigou a pechar os accesos á Mariña lucense, que chegou a provocar máis dun centenar de infectados por COVID-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta