A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal busca facilitar os traslados transfronteirizos de menores para actividades

Propón establecer unha autorización específica que favoreza a súa circulación. .

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/07/2020 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal propón establecer unha autorización específica que favoreza a circulación dos menores que realizan actividades culturais, deportivas ou educativas en áreas transfronteirizas.

Fronteira entre Galicia e Portugal
Fronteira entre Galicia e Portugal | Fonte: Concello de Tui.

Esta proposta da AECT estará incluída dentro das medidas contempladas na Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo (ECDT) que están a preparar os gobernos de España e Portugal e que se espera sexa aprobada no Cume Ibérico do mes de setembro.

Esta é a conclusión do traballo que leva realizando desde o ano pasado no marco da iniciativa b-solutions, impulsada pola Comisión Europea e a Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) para identificar e promover a eliminación de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e/ou administrativo dentro da UE.

Así, dentro deste programa europeo, a AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal impulsou unha candidatura para definir fórmulas que faciliten os traslados de menores que realizan actividades deportivas, educativas ou culturais en zonas fronteirizas. A ARFE e a Comisión Europea consideraron de interese esta candidatura, asignando un experto que avaliou a situación e preparou un informe final, publicado no principio do ano, no que se propón a creación dun modelo específico de autorización de traslado transfronteirizo.

Como resultado dos traballos impulsados pola AECT da Eurorexión, suxírese a creación dun modelo piloto de autorización para as eurociudades que poida ser exportado para outras fronteiras internas europeas onde eses obstáculos xurídicos e administrativos tamén se verifiquen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta