Gonzalo Caballero: "das derrotas apréndese para chegar ás vitorias"

O Comité Provincial do PSdeG en Ourense mostra un "respaldo unánime" a Gonzalo Caballero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2020 | Actualizada ás 22:49

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este venres no Comité Provincial do partido en Ourense para analizar o resultado electoral do pasado 12 de xullo nesta circunscrición. A reunión deste órgano concluíu cun "respaldo unánime" ao secretario xeral.

No encontro, Gonzalo Caballero puxo en valor os resultados conseguidos en Ourense, onde o PP "retrocedeu en 10.000 votos e perdeu un escano" e o PSdeG creceu nun deputado. Nun contexto de reflexión sobre uns resultados galegos que non son os "esperados, admitiu Caballero, o líder do PSdeG agradeceu as achegas feitas polos compañeiros da provincia, así como o traballo realizado durante a campaña.

"Das derrotas apréndese para chegar ás vitorias", subliñou Gonzalo Caballero, que chamou a todos a "aprender dos erros" para "fortalecer o partido".

Gonzalo Caballero no Comité Provincial de Ourense.. PSDEG
Gonzalo Caballero no Comité Provincial de Ourense.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Parece mentira que na terra de Baltar só quitaran un escano máis ? Pero para organizar mafias políticas haberá que aprobar o Máster que imparte a diario Abel e Carmela (?) Seica en Coruña non están pola labor de tragar con Gonzalito !