G. Caballero pídelle tamén a Feijóo "un gran acordo" sobre os fondos COVID do Estado

Feijóo reclamoulle o mesmo a Pedro Sánchez na xuntanza de presidentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2020 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu este sábado á Xunta lograr "un gran acordo" sobre os fondos COVID do Estado co fin de "priorizar a defensa da saúde pública" e a "protección da xente nestes tempos de profunda crise económica".

Nun comunicado, o líder dos socialistas galegos fixo referencia á Conferencia de Presidentes deste venres e á actitude de Feijóo no encontro. "Aqueles que pedían levantar o estado de alarma xa no mes de maio, agora, cando teñen as competencias, danse conta da complexidade de xestionar o público fronte á pandemia e os rebrotes", sinalou.

Neste contexto, Caballero pediu "lealdade" e "cooperación" entre as administracións, nun momento no que o Goberno central "está a abrir mecanismos de cogobernanza". Así, reclamou que esa mesma actitude exista tamén en Galicia para "acertar" nas medidas contra a COVID-19.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

ILLA

Pola súa banda, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, apoiou este sábado as medidas que están a tomar as autonomías contra o coronavirus e engadiu que "se teñen que seguir as recomendacións que fai a Generalitat de Cataluña".

Durante unhas declaracións en Palamós (Girona) ao clausurar o II Jornades Municipalistes do PSC de lles Comarques de Girona, Illa defendeu que a Conferencia de Presidentes do venres non fose telemática. "A política é dialogar e acordar. Estamos ante momentos moi complicados e é bo atoparnos presencialmente. Todo o mundo ten que facer o seu traballo", dixo despois de que o presidente da Generalitat, Quim Torra, non acudise ao non poder asistir telematicamente, como pedira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta