Seguen aumentando os contaxios no foco do ximnasio de Arteixo que xa suma case 40 casos

Os contaxiados subiron en oito este domingo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/08/2020 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

Os casos que deron positivo por COVID-19 vinculados cun porteiro de ocio nocturno que acudía ao ximnasio de Meicende, no municipio coruñés de Arteixo, subiron a 39 este domingo, oito máis que na xornada do sábado, informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

O seguimento dos contactos que se está levando a cabo a área sanitaria da Coruña e Cee en relación a este brote e as súas ramificacións noutras zonas da área sanitaria levou a realizar 425 PCR na xornada do sábado. Ante a "posibilidade de novos contaxios", a Consellería de Sanidade segue coas tarefas para localizar contactos e tratar de evitar novas infeccións.

Este brote é o segundo maior rexistrado polo momento en Galicia, tras o da comarca da Mariña, en Lugo. A orixe do brote de Meicende sitúase nun usuario dese ximmasio que tamén traballa como porteiro en varios locais de Oleiros e A Coruña.

Unha sanitaria realiza un test
Unha sanitaria realiza un test | Fonte: Javi Colmenero - Europa Press

Ademais, entre as persoas que deron positivo vinculadas a este foco están un vixiante do centro cívico de Monte Alto, na Coruña, e un traballador do matadoiro municipal da mesma cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta