Un brote importado de Cataluña e Aragón provoca xa catro contaxiados en Chandrexa de Queixa

Todos están illados no domicilio.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/08/2020 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

Un novo brote de orixe familiar afecta a catro persoas, viaxeiros procedentes das comunidades de Cataluña e Aragón, que se atopan temporalmente no concello ourensán de Chandrexa de Queixa.

Fontes sanitarias informaron este domingo de que estes catro casos positivos detectados atópanse illados no seu domicilio e teñen relación familiar entre eles.

A detección deste brote provocou que se active o protocolo de seguimento dos contactos destas persoas para tratar de evitar máis contagios.

Imaxe de test do coronavirus.. NARVIKK - Arquivo
Imaxe de test do coronavirus.. NARVIKK - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta