Falece unha persoa afogada en Ferrol arrastrada pola corrente

Os socorristas conseguiron rescatalo pero non puideron xa reanimalo.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 02/08/2020 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu afogada este domingo na praia de Ponzos, en Covas, en Ferrol, tras ser arrastrada pola corrente, informou o 112.

O primeiro aviso recibiuse ás 17,15 horas, cando un particular chamou para indicar que había unha persoa en apertos na auga. No entanto, outra persoa púxose en contacto co 112 para sinalar que eran dúas persoas as que tiñan problemas porque as estaba arrastrando a corrente.

Unha destas persoas logrou saír da auga polos seus propios medios, pero o outro bañista tivo que ser rescatado e morreu, a pesar dos esforzos dos socorristas do areal por reanimalo. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento.

O 112 deu aviso a Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas de Galicia, ademais da o 061, a Policía Nacional e a Local.

Socorristas nunha praia
Socorristas nunha praia | Fonte: certo xornal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta