Olalla Rodil pregúntase onde está Feijóo nas 24 horas crave anteriores a negociación de Alcoa

A viceportavoz do Grupo do BNG na pasada lexislatura pide evitar que se paralice a produción na Mariña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2020 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Olalla Rodil, reclamou á Xunta e ao Goberno central que "non boten balóns fóra", aínda que haxa un posible comprador para a factoría de Alcoa en San Cibrao.

Olalla Rodil, deputada electa e responsable de Educación na pasada lexislatura
Olalla Rodil, deputada electa e responsable de Educación na pasada lexislatura | Fonte: Europa Press

En rolda de prensa, Olalla Rodil lembrou que este luns é "un día decisivo", xa que este martes finaliza o prazo para comezar a aplicación do ERE, e preguntouse "onde está o presidente da Xunta nas 24 horas crave anteriores" para a produción de aluminio.

"Se non está nunha reunión crave con ese comprador cando estamos a ver miles de postos de traballo en xogo, non sabemos que é o que ten que pasar para que sente na mesa?", lanzou a parlamentaria, quen insistiu en que "para salvar a produción, a única maneira de impedir a destrución é a nacionalización da fábrica".

E, ademais, "hai que acabar co espolio enerxético", xa que é "inadmisible" que nun país exportador de enerxía como Galicia estea en perigo unha industria polo custo da electricidade. Por iso, insistiu en que "hai que facer uso dos instrumentos" que teñen as administracións, como é neste caso a intervención.

"O que temos claro é que a posibilidade de que poida producirse unha compra non pode servir nin para a Xunta, nin para o Goberno do Estado, para botar balóns fóra. Teñen que evitar que se paralice a produción na Mariña", advertiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Analfabetos non

La Olalla para saber distinguir la alúmina de la clara de huevo tiene que ir al wikipedia.