A Xunta pide á DXT que mostre nos paneis de autoestradas e autovías o teléfono de información sobre a COVID-19

O obxectivo é que as persoas que entren en Galicia por estrada e presenten síntomas da enfermidade coñezan o teléfono ao que deben dirixirse .

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/08/2020 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

A Xunta solicitou á Dirección Xeral de Tráfico (DXT) que introduza nos paneis de mensaxería variable existentes nas estradas e autovías de entrada a Galicia o teléfono de información sobre a COVID-19 que se habilitou para as persoas non residentes que cheguen a Galicia con sintomatoloxía compatible con esta enfermidade.

AP-
AP- | Fonte: Audasa.

A través dunha carta remitida pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, ao subdirector xeral de Xestión da Mobilidade e Tecnoloxía da DXT, Jorge Odrás, o Goberno galego pide a colaboración do organismo de tráfico para que comunique unha mensaxe sinxela nos paneis das vías de entrada a Galicia.

En concreto, segundo informou a Xunta, na mensaxe pódese ler 'Coronavirus en Galicia, chame ao 881 00 20 21' e o obxectivo é "protexer a saúde dos cidadáns", e que as persoas que entren en Galicia por estrada e presenten síntomas da enfermidade coñezan o teléfono ao que deben dirixirse para obter información necesaria e as indicacións oportunas para evitar a propagación do virus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta