Afundación reúne en Pontevedra as múltiples facetas artísticas de Castelao

Será na exposición 'Castelao grafista (facsímile)'.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 04/08/2020 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

Afundación, a Obra Social de Abanca, levará a Pontevedra a exposición 'Castelao grafista (facsímile)', unha mostra que profunda nas múltiples facetas artísticas do artista e intelectual de Rianxo.

Castelao durante un mítin
Castelao durante un mítin

A exposición foi producida pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia, e poderase visitar no Café Moderno Afundación de Pontevedra desde o 24 de setembro.

A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum 'Cousas da vida' de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte Abanca. Así mesmo, no Café Moderno Afundación poderase gozar de tres retratos fotográficos, catro caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas.

Ademais, poderase ler o texto orixinal do álbum 'Nós' e contemplar dous manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, tres páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e tres debuxos.

A cidade de Pontevedra foi a escollida para comezar a itinerancia deste proxecto debido á súa forte vinculación con Castelao, destacou Afundación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta