Feijóo sae en defensa do fuxido Juan Carlos I

O presidente da Xunta en funcións di valorar o papel do rei eméritona Transición e critica os "membros do Goberno e os partidos" que buscan "erosionar" a monarquía.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/08/2020 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que valorar o papel do rei emérito Juan Carlos I na Transición é "respectar" a historia e criticou os "membros do Goberno e os partidos" que buscan "erosionar" a monarquía.

Mensaxe publicada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre o rei emérito Juan Carlos I no seu perfil da rede social Twitter. CAPTURA DA IMAXE
Mensaxe publicada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre o rei emérito Juan Carlos I no seu perfil da rede social Twitter. CAPTURA DA IMAXE | Fonte: Europa Press

Nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social Twitter —despois de saberse que Juan Carlos I fuxiu de España para apartarse da polémica (ninguén di oficialmente onde está, aínda que se especulaba con Portugal e República Dominicana)—, o máximo mandatario galego sostivo que a democracia en España "non se entende sen o papel clave da monarquía constitucional".

"Defender as funcións constitucionais do Rei Felipe VI é obriga de todo demócrata. Valorar o papel do Rei Juan Carlos I na Transición é respectar a nosa historia", sinala.

Ademais, subliña que a "a presunción de inocencia é consubstancial ao Estado de dereito" polo que considerou que é "moi preocupante que algúns membros do Goberno e partidos políticos se esforcen tanto en erosionar" ás "institucións cando a súa obrigación é defendelas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Milghaus

Non vai sair! Ten casa en Madrid e non cuspe prá riba... Antes do 2022 xa está aló de cuchipanda co "preparao"...