O Goberno central nomea ao galego Ramón Blecua embaixador especial de Diálogo Intercultural

A galega Nuria Reigosa será a embaixadora de España en Níxer.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 04/08/2020 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

O Consello de Ministros nomeou este martes novos embaixadores en misión especial para a Igualdade de Xénero en Política Exterior, o Sahel, o Plan África, para as Ameazas Híbridas e a Ciberseguridade e para a Mediación e o Diálogo Intercultural.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, á súa chegada para ofrecer a última rolda de prensa  posterior á reunión do Consello de Ministros e antes das vacacións, en Moncloa, en Madrid
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, á súa chegada para ofrecer a última rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros e antes das vacacións, en Moncloa, en Madrid | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

En concreto, o novo embaixador para a Mediación e o Diálogo Intercultural é o galego Ramón Blecua Casas --Ferrol, 1962--. Diplomático desde 1988, foi xefe da unidade de apoio do director do Instituto de Cooperación Iberoamericano, asesor do secretario de Estado para Cooperación Internacional e Iberoamérica e xefe do Gabinete do director do Instituto Cervantes.

Tamén desempeñou postos nas embaixadas embaixadas de España en Ghana, Indonesia, Exipto, Guatemala, Irán e India, e foi cónsul xeral adxunto en Buenos Aires.

Pola súa banda, o Consello de Ministros tamén designou á galega Nuria Reigosa González como embaixadora en Níxer. Naceu en Pontevedra en 1972. É licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Ingresou na Carreira Diplomática en 2003.

Ademais de desempeñar diferentes cargos no Ministerio, Reigosa estivo destinada en Alxeria e nas embaixadas de España en Romanía e Turquía. Actualmente ocupaba o posto de segunda xefatura na Embaixada de España en Cuba.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Engordando a Administración Única (?) https://www.boe.es/boe/dias/2020/08... Seica non chega con 23 Ministros que tamén imos encher de Diplomáticos Especiais o mundo nas vacacións...? https://www.lamoncloa.gob.es/gobier... A vivir que son dous días !!!