Buscan os contactos dun emigrante en México que estivo nunha reunión familiar en Avión

O Sergas iniciou xa o rastrexo en busca de novos positivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2020 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

O equipo de rastreadores da Consellería de Sanidade e do Sergas procedeu a localizar os contactos dun caso importado de México que deu positivo por coronavirus COVID-19 detectado no municipio de Avión (Ourense) e que corresponde a unha persoa que participou nunha reunión familiar.

Segundo informaron a Europa Press fontes sanitarias, os rastreadores procederon a localizar os contactos estreitos desta persoa con positivo e dar as indicacións correspondentes para realizar a PCR e adoptar as medidas pertinentes.

As mesmas fontes sinalaron que, como no resto de positivos detectados, neste caso procedeuse a realizar o rastrexo dos contactos e a indicar corentena aos considerados "contactos estreitos" deste caso importado.

Cortegazas, en Avión
Cortegazas, en Avión | Fonte: Estevoaei - Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta