O maior foco de Galicia, o de Arteixo, aumenta a 55 o número de contaxiados.

Sanidade non descarta que aparezan novos casos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2020 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O foco de COVID-19 relacionado cun ximnasio situado na poboación de Meicende, no termo municipal coruñés de Arteixo, suma seis novos casos, polo que se elevan a 55 os contaxiados.

Segundo informou este mércores a área sanitaria da Coruña e Cee, o seguimento dos contactos realizado en relación ao brote rexistrado na localidade de Meicende e as súas ramificacións por distintas zonas da área contabiliza 55 casos, "unha vez realizados os rastreos e estudos correspondentes".

As mesmas fontes indicaron que, ademais, segue detectándose algún caso relacionado coa contorna familiar de positivos detectados con anterioridade, así como algún caso illado". Por parte da área sanitaria da Coruña destacaron, así mesmo, que o número de probas PCR realizadas ata este martes en relación con este brote ascende a 359.

Con todo, indican as mesmas fontes que "ante a posibilidade de novos contaxios", a Consellería de Sanidade "segue traballando co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación".

ORIXE

A orixe do brote sitúase nun usuario dese ximnasio que tamén traballa como porteiro dun pub de Santa Cruz, no municipio de Oleiros (A Coruña), local que foi pechado hai días.

Ximnasio de Meicende, en Arteixo, un dos grandes focos de coronavirus en Galicia
Ximnasio de Meicende, en Arteixo, un dos grandes focos de coronavirus en Galicia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta