Ascenden xa a 130 as hectáreas calcinadas nos dous lumes de Viana do Bolo

Un dos lumes segue descontrolado e nel arderon 70 hectáreas. O outro, xa baixo control ten 50 hectáreas queimadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2020 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

A superficie afectada polo incendio rexistrado na mañá do pasado luns na parroquia de Pradorramisquedo, en Viana do Bolo (Ourense), e que continúa activo, elévase a 70 hectáreas, que sumadas ás 50 doutro lume de Rubiais dan unha superficie arrasada de 130 hectáreas.

Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, no lugar traballan nove axentes, 28 brigadas, catro motobombas, nove avións e oito helicópteros. Neste mesmo municipio permanece controlado desde as 18,45 horas do martes o lume rexistrado na noite do luns na parroquia de Rubiais.

Neste caso, as últimas estimacións cifran a superficie en 50 hectáreas e no seu control mobilizáronse ata o momento seis axentes, 13 brigadas, oito motobombas, unha pa e un helicóptero.

Incendio en Viana do Bolo
Incendio en Viana do Bolo | Fonte: Ejército del Aire.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta