Que era a luz intermitente que se viu no ceo da Coruña a madrugada pasada?

Fontes de Repsol recoñecen que na refinería da cidade están desenvolver tarefas de mantemento compatibles co escintileo: "son totalmente seguras".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

A que se debeu a luz intermitente que se apreciou no ceo da Coruña na madrugada de onte? Esa é a pregunta que se fan os usuarios de Twitter que ao longo desta mañá colgaron sendos vídeos dun fenómeno que, segundo os autores das metraxes, tivo lugar dende as 11 da noite do mércores ata, polos menos, as 3 da mañá.

Captura do vídeo no que se ve unha luz intermitente sobre o ceo da Coruña
Captura do vídeo no que se ve unha luz intermitente sobre o ceo da Coruña | Fonte: Twitter

Segundo se pode apreciar nun dos vídeos, gravado -segundo as mesmas fontes- dende a zona de Novo Mesoiro, nos arrabaldos da cidade, a luz apuntada polos usuarios aparece e desaparece de xeito intermitente no ceo da Coruña. Ante estas circunstancias, a maioría dos participantes no fío inclínanse por sinalar á planta da refinaría, cuxa posición sería compatible coa localización dos escintileos.

En concreto, os tuiteiros apuntan a que podería tratarse dunha purga das chemineas das instalacións. Con todo, a baixa visibilidade da noite de onte -ateigada de nubes- leva a outros internautas a discrepar: "dubido que sexan as antorchas da nave porque se verían", destaca outro veciño.

Dende a planta de Repsol recoñecen estar a desevolver tarefas de mantemento que serían compatibles coas luces intermitentes albiscadas no ceo coruñés. Con todo, apuntan que non lles é posible confirmalo porque "non se coñece o punto xeográfico concreto" dende o que foron tomados os vídeos. En calquera caso, destacan que o fenómeno formaría parte dun proceso "controlado e seguro" que "non supoñería ningún perigo"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta