A Policía Nacional e Local "extreman" a seguridade para o partido do Depor e o Fuenlabrada deste venres

A subdelegación do Goberno fai un chamamento á "responsabilidade".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/08/2020 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O partido de fútbol entre o Real Club Deportivo da Coruña e o Club de Fútbol Fuenlabrada deste venres foi declarado de "alto risco" polo que a Policía Nacional e Local "extremarán" as medidas de seguridade, segundo informou a Delegación do Goberno.

A través dunha nota de prensa, a Delegación do Goberno explicou que na mañá deste luns se reuniu a Xunta de Seguridade con responsables de ambos os corpos policiais e tamén con responsables de seguridade do club coruñés.

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, fixo un chamamento á "responsabilidade individual e colectiva" e pide aos afeccionados que non haxa "concentracións incontroladas". Engade que, nas últimas semanas, a existencia de "varios rebrotes" obrigan a "extremar todas as precaucións e medidas de seguridade".

A responsable estatal reclama á cidadanía que se desenvolva "con total normalidade" tanto a parte previa, o partido como despois do mesmo e que non se repitan "concentracións como a producida hai varias semanas cando finalmente non se puido disputar o encontro" porque, finaliza, tomar medidas preventivas non supón "unha perda de apoio o club".

Fuenlabrada - Deportivo. LALIGA
Fuenlabrada - Deportivo. LALIGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta