Estabilizado o incendio de Viana do Bolo que queimou unhas 200 hectáreas

O incendio, con todo, segue sen estar controlado.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 06/08/2020 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O incendio que afecta á parroquia de Pradorramisquedo, en Viana do Bolo (Ourense), segue sen estar controlado, pero a Consellería do Medio Rural dáo por estabilizado tras queimar unhas 200 hectáreas, de acordo coas últimas estimacións.

Chegada da Brif Laza ao incendio de Pradorramisquedo, Viana Do Bolo (Ourense)
Chegada da Brif Laza ao incendio de Pradorramisquedo, Viana Do Bolo (Ourense) | Fonte: Brif Laza.

O lume, que empezou o luns, está estabilizado desde as 18,07 horas deste xoves, indicou Medio Rural, que explicou que o cálculo da superficie afectada é provisional, ata que se parametrice a superficie final afectada.

Ata o momento, mobilizáronse para controlalo 15 axentes, 47 brigadas, 10 motobombas, unha pa, nove avións e oito helicópteros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta