Investigado un octoxenario por un incendio en Parada de Sil que se iniciou na súa leira

O Instituto Armado indicou que resultou afectada unha superficio de 3.500 metros de terreo agrícola polo lume.

Por E.P. | OURENSE | 07/08/2020 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

A Garda Civil procedeu a investigar a un octoxenario por un incendio forestal rexistrado no municipio de Parada de Sil, en Ourense, que se iniciou nunha leira propiedade do imputado.

Así o informou o Instituto Armado, que sinalou que a Garda Civil de Viana tomou declaración en calidade de investigado a D.X., de 87 anos de idade, como presunto autor dun delito de incendio forestal ocorrido o 5 de agosto en Requián, en Parada do Sil.

As mesmas fontes indicaron que resultou afectada por este lume unha superficie de 3.500 metros de terreo agrícola nunha casa abandonada. As mesmas fontes puntualizaron que o lume deu comezo nunha leira propiedade do imputado.

Zona queimada polo incendio de Cualedro e Monterrei (Ourense) que segue sen control. Rosa Veiga - Europa Press
Zona queimada polo incendio de Cualedro e Monterrei (Ourense) que segue sen control. Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta