Galicia é a terceira comunidade máis cara para comprar un vehículo de ocasión

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2020 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

O prezo medio dos vehículos de ocasión en Galicia é de 15.651 euros no mes de xullo, segundo un estudo do portal coches.net publicado este venres.

Esta é a terceira cifra máis alta en España, só por detrás de Cataluña (cun prezo medio 16.454 euros) e Asturias (15.651 euros). No extremo oposto, Estremadura (12.960 euros), Canarias (13.365 euros) e Castela-A Mancha (13.499 euros) son as comunidades que rexistran un prezo máis económico.

O prezo en Galicia subiu en xullo un 0,4% respecto ao mes anterior, o que contrasta coa caída media do 0,8% no país. Pola súa banda, en Galicia vendéronse en xullo un total de 14.070 vehículos de ocasión, 4.000 máis que no mes anterior, un 28% máis. Unha subida que é lixeiramente inferior ao avance medio no Estado (+35%).

Entre as provincias galegas, aquelas que rexistran un prezo medio do vehículo de ocasión máis elevado son Pontevedra (16.648 euros) e Lugo (15.538 euros).

Pola contra, aquelas que reflicten un prezo máis alcanzable son A Coruña (15.050 euros) e Ourense (14.383 euros). Pontevedra foi a provincia onde máis subiu o prezo, un 2,4% respecto ao mes anterior.

O prezo do VO en Cantabria sitúa nos 14.049 euros en xullo. COCHES.NET - Arquivo
O prezo do VO en Cantabria sitúa nos 14.049 euros en xullo. COCHES.NET - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta