A Xunta anuncia axudas de 10.000 euros por contrato de persoas para tarefas de I+D+i en empresas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O Goberno galego apoia con 1,2 millóns de euros a contratación de 111 persoas para realizar tarefas de I+D+i en empresas.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución da quinta edición do programa Principia destinado a impulsar a contratación do persoal de 35 anos e a fomentar o desenvolvemento da súa carreira profesional.

En concreto, a Xunta ofrece axudas de 10.000 euros por contrato e, como novidade, inclúe un bono de formación de 1.000 euros. Esta iniciativa forma parte do programa Talento 2021, que busca reter e atraer a 1.500 profesionais de Galicia en actividades relacionadas con I+D+i.

Departamento de I+D+I dunha empresa
Departamento de I+D+I dunha empresa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta